Rescatado da auga o cadáver dun ancián de Tapia na praia de Represas

O falecido, de 73 anos de idade, residía na localidade de San Martín

Praia de Represas. AXM

O cadáver dun ancián de Tapia de Casariego foi rescatado da auga por efectivos da Garda Civil na tarde do martes, despois de aparecer pasadas as sete da tarde na praia de Represas, na zona do albergue de peregrinos.

Os propios veciños alertaron ao 112 ao ver o corpo sen vida do falecido, de 73 anos de idade e residente na localidade de San Martín, moi preto da zona onde foi atopado.

HIPÓTESES ABERTAS

A lancha de Salvamento Marítimo procedeu a trasladar o cadáver ao porto de Tapia de Casariego. A Benemérita mantén abertas todas as hipóteses do suceso abertas, á espera da pertinente autopsia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here