Morre unha muller de 70 anos en Foz tras ser atropelada por un tren

O suceso ocorreu a 300 metros do apeadoiro focense, preto de onde residía a persoa falecida

Tranvía de Feve. AXM

Unha muller de 70 anos faleceu esta tarde en Foz despois de ser atropelada por un tranvía a uns 300 metros do apeadoiro de Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (Feve). O accidente produciuse ás 18.25 horas, e os seis pasaxeiros que viaxaban no convoi non sufriron danos físicos.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos bombeiros de Barreiros, da Policía Local e da Garda Civil, así como personal sanitario. O tráfico quedou cortado durante varias horas ata a retirada do tren, o levantamento do cadáver por parte do forense, procedente de Lugo, e o restablecemento das condicións de seguridade.

A vítima é unha focega que vivía a poucos metros do apeadoiro. Polo momento, as forzas da orde investigan o suceso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here