InicioSucesosAtopan un quilo e medio de droga na praia de Area

Atopan un quilo e medio de droga na praia de Area

O paquete, cunha substancia que pode tratarse de cocaína, foi arroxado polo mar á area

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional recuperou na praia de Area de Viveiro un paquete de quilo e medio de peso dunha droga que puidese tratarse de cocaína á espera da análise correspondente  da substancia por parte dos servizos competentes.

O paquete en cuestión foi achado no areal cando foi arroxado polo mar á area, lugar onde o atopou unha parella que se atopaba paseando. Estas persoas comunicaron os feitos á Policía Nacional, quen se fixo cargo do mesmo.

INVESTIGACIÓN

Os axentes do grupo de Policía Xudicial deron conta do achado ao Xulgado e atópanse realizando xestións para poder determinar a procedencia do mesmo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...