InicioSucesosA salvo os 15 tripulantes do palangreiro celeirense Coelleira, que encallou en...

A salvo os 15 tripulantes do palangreiro celeirense Coelleira, que encallou en Escocia

O accidente ocorreu na madrugada do pasado domingo e os mariñeiros tiveron que ser evacuados en helicóptero

Publicada o

- Advertisement -

Os 15 integrantes da tripulación do palangreiro Coelleira, con base en Celeiro, foron rescatados despois de que o barco encallase en Vee Skerries, unha zona rochosa preto de Papa Stour, unha das illas das denominadas Shetland, en Escocia.

O buque, con 27 metros de eslora e de bandeira británica, perdeu o control e foi contra as rochas na madrugada do pasado domingo. Os tripulantes fixeron unha chamada de socorro á 1.30 horas.

Segundo expuxo a BBC, o barco de salvamento RNLI Aith e os equipos de gardacostas de Sumburg acudiron á chamada. Ningún dos tripulantes padeceu lesións de gravidade, aínda que foron evacuados en helicóptero ao Gilbert Bain Hospital, en Lerwick, para as correspondentes comprobacións.

A Marine and Coastguard Agency (MCA) asegurou que non se documentaron problemas de contaminación.

O BARCO FICA VARADO

O buque permanece encallado, como demostra un espectacular vídeo con dron do diario local The Shetland Times que poder ver neste enlace.

A Oficina de Investigación de Accidentes Mariños confirmou que comezou unha investigación para dar coas causas do accidente.

ZONA PERIGOSA

As Vee Skerries son un pequeno grupo de rochas arredor de tres millas ao noroeste de Papa Stour. É unha zona perigosa, na que se fixo un faro a finais dos anos 70 despois de que o barco Elinor Viking tivese un accidente na zona. No 1930, varias persoas morreron logo dun sinistro do arrastreiro Ben Doran, de Aberdeen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...