InicioSucesosA salvo os tres tripulantes dun veleiro que estivo a piques de...

A salvo os tres tripulantes dun veleiro que estivo a piques de afundirse fronte a San Cibrao

O barco Salvamar Alioth, de Salvamento Marítimo, rescatou á tripulación do iate, que tiña unha importante vía de agua a 14 millas do litoral sancibrense

Publicada o

- Advertisement -

Unha embarcación de Salvamento Marítimo trasladou na madrugada deste venres ao porto de Burela ao tres tripulantes dun veleiro que estivo a piques de afundirse fronte a San Cibrao tras sufrir unha vía de auga.

Segundo os datos facilitados por Salvamento Marítimo, sobre medianoite recibiuse o aviso por radiobaliza de que o veleiro ‘Juno‘, con bandeira de Malta, sufrira unha vía de auga a 14 millas ao norte de San Cibrao.

TRASLADADOS A BURELA

Por parte do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizouse o helicóptero ‘Helimer 402‘ e a embarcación ‘Salvamar Alioth‘, que foi a que rescatou ao tres tripulantes do veleiro semiafundido debido a unha “vía importante“, destacaron as mesmas fontes, e trasladounos ao peirao burelao.

DE NACIONALIDADE IRLANDESA

O tres tripulantes rescatados, de nacionalidade irlandesa, chegaron ao porto de Burela sobre as 3.15 horas deste venres, confirmaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...