Unha persoa, ferida na man por mor dun incendio nunha cociña en Foz

O lume produciuse nunha vivenda da rúa Costa do Castro e a vítima foi trasladada ao Hospital Público da Mariña con varias queimaduras

Rúa Costa do Castro de Foz. GOOGLE MAPS

Unha persoa foi trasladada ao Hospital Público da Mariña na tarde deste domingo tras resultar ferida debido a varias queimaduras sufridas nunha man a causa dun incendio nunha cociña na rúa Costa do Castro, en Foz.

O suceso aconteceu sobre as 13.45 horas, cando un dos moradores da vivenda chamou para alertar desta circunstancia ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, indicando que unha persoa pedecera queimaduras mentres tentaba apagar un lume orixinado nunha sartén.

DANOS MATERIAIS

Os xestores de emerxencias mobilizaron para apagar o incendio aos Bombeiros de Barreiros, que tras finalizar a súa intervención, relataron que o lume calcinara parte da vitrocerámica, os mobles próximos e a campana extractora.

Tamén foron alertados axentes da Garda Civil, membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, de Protección Civil e do Persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, que trasladaron esta persoa ao centro hospitalario de referencia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here