Imputado un veciño de Alfoz de 69 anos que conducía cuadruplicando a taxa de alcol

O condutor, que deu 0,86 miligramos por litro de aire espirado, foi interceptado na LU-P-1502, á altura do concello de Burela

LU-P-1502, ao seu paso por Burela. GOOGLE MAPS

EFE. Axentes da Garda Civil imputaron como investigado por un suposto delito contra a seguridade vial a un veciño de Alfoz, de 69 anos de idade, que foi sorprendido ao volante do seu vehículo cando circulaba cunha taxa de alcol que case cuadruplicaba a permitida pola lei.

Os feitos ocorreron en Burela, na estrada provincial LU-P-1502, a que vai de a Ferreira do Valadouro por Vilaestrofe, cando o condutor, ao ser sometido á proba de alcolemia por unha patrulla da Benemérita, deu unha taxa de 0,86 miligramos de alcol por litro de aire espirado.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

Segundo expuxo a Garda Civil a través dun comunicado de prensa, o condutor foi posto a disposición xudicial.

1 COMMENT

  1. Que tristeza que un rapaz ande deixando a sua alma para que implanten ciclos formativos no ies alfoz valadouro e Alfoz saia por estas payasadas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here