InicioSucesosUn ferido en Barreiros ao sufrir un accidente co tractor que manexaba

Un ferido en Barreiros ao sufrir un accidente co tractor que manexaba

O suceso ocorreu no lugar de O Morteiro, na parroquia de San Xusto de Cabarcos

Publicada o

- Advertisement -

Un home resultou ferido na tarde deste venres no concello mariñao de Barreiros despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba.

O suceso ocorreu no lugar de O Morteiro, en San Xusto de Cabarcos. Foi o mesmo implicado quen, pasados dez minutos das 15.30 horas, chamou ao Centro de Atención Integrado de Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que necesitaba asistencia porque tivera un accidente co tractor, estaba só e aseguraba estar atrapado.

A partir de aí, decontado, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Barreiros. De igual xeito, alertaron á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

EVACUADO AO HULA

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que non foi necesario excarcerar á vítima. Os membros de Protección Civil axudaron ao persoal sanitario na evacuación do ferido para, posteriormente, ser trasladado en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...