As mozas atropeladas en Viveiro polo autobús escolar están “fóra de perigo”, aínda que unha será operada

Unha das adolescentes, ambas de 13 anos, será intervida polas lesións nun pé, mentres que a outra permanece en observación polo golpe recibido

Obras para instalar un paso de peóns en Martín Ledesma, onde se produci o atropelo. AXM

“Están fóra da gravidade“. Así se referiu este martes a alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, ás dúas mozas de 13 anos que resultaron feridas graves ao ser atropeladas por un autobús escolar pasadas as 15.30 horas deste luns á porta do instituto.

Con todo, unha delas terá que ser operada como consecuencias das lesións nun pé, mentras que a outra permanece en observación polo forte golpe recibido.

A condutora declarou ante a Policía Local que as dúas menores cruzaban a calzada na avenida de Martín Ledesma, onde se ubica un instituto e un colexio, por un lugar non habilitado. “Por respecto ás familias non vou dar detalles. Quedou nun susto, as dúas menores están fóra de gravidade”, comentou a rexedora.

INVESTIGACIÓN ABERTA

Loureiro confirmou que se abrirá unha “investigación” para determinar como se produciu o atropelo. “Está a Policía Local e a Garda Civil traballando niso”, afirmou, para incidir en que as dúas adolescentes están “fóra de perigo e conscientes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here