InicioSucesosCae unha banda cuxos membros se facían pasar por revisores da luz...

Cae unha banda cuxos membros se facían pasar por revisores da luz e que roubou e estafou en Ribadeo

A maioría dos catro detidos traballara previamente en empresas enerxéticas, do que se valían para abordar a persoas que vivían soas en zonas do rural galego

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil desmantelou un grupo criminal especializado en perpetrar “roubos con violencia” e “furtos no interior de vivendas” de Galicia, cuxos membros facer pasar por revisores de empresas suministradoras de luz e gas en casas nas que só vivían persoas maiores, normalmente en núcleos illados de ámbitos rurais. Esta banda actuou en Ribadeo.

A Operación Kingarma foi iniciada a raíz dun roubo con violencia e intimidación perpetrado na localidade lucense de Palas de Rei a mediados de maio, cando dous varóns intimidaron con violencia e unha pistola a unha persoa maior que vivía soa para levarse 500 euros que gardaba na súa casa.

RESIDENTES EN TEO E COMPOSTELA

A raíz dese roubo, púxose en marcha unha investigación dirixida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Mixto de Chantada, unhas pesquisas que permitiron identificar aos membros deste “grupo criminal”, formado por catro acodes de nacionalidade española e con residencia nas localidades de Santiago de Compostela e Teo.

Os investigadores da Garda Civil comprobaron que a súa base de operacións estaba en Santiago de Compostela, desde onde se desprazaban a poboacións rurais das catro provincias para cometer delitos contra o patrimonio.

Chegaban a realizar desprazamentos nun mesmo día de máis de 500 quilómetros e tomaban medidas de precaución para non ser “detectados polas forzas da orde”, tendo en conta de que se trataba dun grupo “especializado” e “estable”.

A maioría dos membros da banda traballaran previamente, durante uns anos, en diferentes empresas enerxéticas, o que lles serviu para “coñecer perfectamente o sistema de funcionamento das mesmas” e utilizar eses coñecementos para “levar a cabo a súa actividade criminal”.

En canto ao modus operandi, desprazábanse por diferentes aldeas de Galicia, en ocasións grazas á información obtida durante os seus anos de traballo legal, para buscar vivendas nas que residen persoas maiores e soas, ás cales enganaban ao facerse pasar por revisores da luz ou do gas, para mellorar as condicións de fornezo.

“INDEFENSIÓN” DOS MAIORES

Emitían, normalmente, unha “falsa factura da luz“, o que obrigaba a esas persoas maiores a ir buscar diñeiro en efectivo para abonar o pago.

Un dos membros da banda acompañábao, para ver onde gardaba o diñeiro, e posteriormente outro o entretiña “con todo tipo de artimañas“, para que o seu compañeiro se fixese con el.

Para enganar ás súas vítimas chegaron a levalas a revisar postes da luz ou ata lles fixeron comprobar os interruptores de diversas estancias das súas propias casas.

Algunhas das vítimas tiñan en casa importantes en efectivo, ao non dispoñer de bancos preto, e despois do roubo quedaron nunha situación de “indefensión“, dado que “en moitas ocasións nin podían desprazarse a dependencias oficiais para denunciar o ocorrido, ao non dispoñer de medios para iso”.

Durante os catro meses que durou a investigación, este grupo criminal logrou facerse cun botín próximo aos 20.000 euros en efectivo.

No transcurso desta operación, a Garda Civil practicou catro detencións e outros tantos rexistros domiciliarios en Santiago e Teo, onde foron intervidos máis de 6.000 euros en efectivo, teléfonos móbiles, xoias e elementos que utilizaban para facer crible o seu engano.

Tamén foron intervidos catro vehículos, dous deles de alta gama, que utilizaban os membros da banda para desprazarse por toda Galicia.

TRECE ROUBOS NAS CATRO PROVINCIAS

Con esta operación, danse por esclarecidos un roubo con violencia en Palas de Rei, seis delitos de hurto na provincia de Lugo -en Sarria, Abadín, Castroverde, Muras, Ribadeo e Vilalba-; dous na de Pontevedra –A Estrada e Pontecesures-; e catro na da Coruña –Arzúa, Laracha e As Pontes-.

DELITOS DE ESTAFA

A Garda Civil tamén lles imputa delitos de estafa en Ribadeo, A Estrada, Castroverde, Vilalba e Pontecesures, así como dous delitos contra a seguridade vial.

Os catro detidos, con idades comprendidas entre 25 e 50 anos, que tiñan antecedentes por feitos similares, serán postos hoxe mesmo a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...