Investigado un veciño de Xove por apropiarse indebidamente dun piano de parede

O home investigado, de 45 anos, apoderouse do instrumento musical no 2010

Vehículo da Garda Civil. AXM

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño do municipio de Xove, na Mariña Lucense, de 45 anos de idade, como suposto autor dun delito de apropiación indebida.

O Instituto Armado informou a través dun comunicado de prensa de que o dono dun piano de parede denunciou que o home investigado apropiouse presuntamente do instrumento musical fai nove anos, sen que nese lapso de tempo o devolvese ao seu lexítimo propietario.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

Segundo confirmaron fontes da Benemérita no mesmo texto, o veciño de Xove investigado por esta denuncia foi posto a disposición do Xulgado correspondente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here