InicioSucesosInvestigado un veciño de Burela por delito de lesións na Festa Normanda...

Investigado un veciño de Burela por delito de lesións na Festa Normanda de Foz

Segundo expuxo a Garda Civil, o investigado é un rapaz de 19 anos

Publicada o

- Advertisement -

Un mozo veciño de Burela foi imputado o pasado domingo, ás 19.00 horas, en calidade de investigado pola Garda Civil por un suposto delito de lesións durante a Festa Normanda de Foz.

Segundo expuxo o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, o imputado é un cidadán de Cabo Verde de 19 anos. Os feitos obxecto da investigación tiveron lugar no marco da celebración da festa focega, a finais do pasado mes de agosto.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

No mesmo comunicado aos medios de comunicación, a Benemérita precisa que a persoa investigada xa foi posta a disposición do Xulgado correspondente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...