Investigado un veciño de Foz de 47 anos por danos na ambulancia e no centro de saúde

O imputado danou supostamente a porta e o espello do vehículo asistencial e a entrada á caldeira do ambulatorio

Centro de saúde de Foz. GOOGLE MAPS

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño do municipio lucense de Foz, na comarca da Mariña, de 47 anos de idade como suposto autor dun delito de danos.

Segundo expón o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, os feitos delituosos teñen lugar durante a madrugada do pasado día 18 de xuño. Daquela, producíronse diversos danos no centro de saúde da localidade focega, consistentes en danos na porta e espello dunha ambulancia e na porta de acceso ás caldeiras do edificio.

POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL

No mesmo comunicado, a Benemérita informa de que a persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here