InicioSucesosRescatan un home en apretos ao caer nun regato en Viveiro

Rescatan un home en apretos ao caer nun regato en Viveiro

Ocorreu na localidade de Betrivo, na parroquia de Landrove

Publicada o

- Advertisement -

Os bombeiros de Viveiro (Lugo) rescataron este domingo a un home que caeu nun regato de dous metros de profundidade deste municipio.

Segundo informa o 112, os feitos ocorreron sobre as 17.25 horas no lugar de Betrivo, na parroquia de Landrove. A alerta deuna un familiar do home que indicaba que non era capaz de saír da auga por si mesmo.

Seguidamente, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitou a intervención dos bombeiros e informou ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil.

TRASLADADO EN AMBULANCIA

O home tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro médico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...