InicioSucesosUn ribadense, investigado por 16 casos de estafa ao ofrecer pisos inexistentes...

Un ribadense, investigado por 16 casos de estafa ao ofrecer pisos inexistentes en alugueiro

Segundo a Garda Civil, J. S. D. R., de 26 anos, ofrecía en arrendamento "vivendas rechamantes" a "baixos prezos", polo que pedía entre 100 e 350 euros en concepto de fianza

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investigou a un veciño de Ribadeo, J. S. D. R. (26), como presunto autor dun delito de estafa, ao ofertar pisos inexistentes para o alugueiro durante a tempada estival, solicitando unha cantidade económica en concepto de reserva. Ao propio prexuízo económico hai que engadir o moral, xa que toda a familia desprazábase ata o falso apartamento para gozar das vacacións estivais.

Os feitos ocorreron durante o presente ano, cando unha familia burgalesa que reservara meses antes unha vivenda nunha importante localidade da costa castellonense, presentouse no domicilio facilitado pola persoa de contacto, comprobando que non existía o edificio prometido e que todo fora un engano, non volvendo responder ás súas chamadas.

Tralos feitos denunciados o pasado mes de xullo, a Comandancia de Burgos abría unha investigación que levou á identificación e localización do presunto autor, domiciliado na localidade ribadense da provincia de Lugo, e a quen se lle vincula con outros 16 feitos similares por estafa cometidos noutros puntos de España.

MODUS OPERANDI

Ofertaba o alugueiro de “rechamantes” pisos con piscina propia nunha importante zona turística da costa castellonense, sempre a prezos máis baixos aos habituais e para a tempada estival.

Cando un posible cliente se interesaba polo arrendamento, o arrendador gañábase a súa confianza, sendo a comunicación telefónica moi fluída ao principio; a “vítima” ingresaba nunha conta bancaria facilitada por este, en concepto de fianza ou reserva, unha cantidade económica que variaba entre os 100 e os 350 euros.

Recibía vía Whatsapp un contrato con moi boas condicións, xa asinado, o que outorgaba certa seguridade e confianza á operación.

Chegada a data o prexudicado trasladábase ata o lugar concretado, verificando in situ que non existía ningún edificio que se parecese ao ofertado vía internet e que todo fora unha estafa.

PREXUÍZOS ECONÓMICOS E MORAIS

Ao prexuízo económico da propia estafa únese o do traslado e o moral xa que en todos os casos comprobouse que lles acompañaba a familia.

Coa colaboración da Comandancia de Lugo, J. S. D. R. foi investigado, instruíndose dilixencias que foron entregadas no Xulgado de Instrución Nº 4 de Burgos. A investigación segue aberta ata o total esclarecimiento dos feitos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...