InicioSucesosInvestigada unha veciña de Burela por tres furtos e agresión cunha vara

Investigada unha veciña de Burela por tres furtos e agresión cunha vara

Á muller, de 36 anos, impútanselle tres delitos de roubo e outro de lesións, ao bater nunha persoa que tivo que refuxiarse na cafetería da estación de autobuses burelá

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigada na localidade de Burela a unha veciña burelesa, de 36 anos de idade, como suposta autora de tres delitos de furto e un de lesións.

Segundo explicou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, os feitos tiveron lugar nas inmediacións da estación de autobuses de Burela, cando a presunta autora supostamente agrediu cunha vara de fibras á vítima. A persoa agredida tivo así que refuxiarse na cafetería de devandita estación.

No mesmo comunicado, a Benemérita indica que a veciña de Burela investigada por estes feitos foi xa posta a disposición xudicial.

PREOCUPACIÓN NO MUNICIPIO

O aumento dos actos violentos en Burela ao longo dos últimos meses motivou a preocupación da asociación de veciños O Vencello e tamén do propio goberno local, que anunciou a solicitude dunha nova xunta local de seguridade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...