Dous investigados por roubar artigos nunha perfumería de Ribadeo valorados en 1.350 euros

Trátase de veciños das localidades madrileñas de Fuenlabrada e Leganés, de 30 e 32 anos

Axente da Garda Civil. GALICIA CONFIDENCIAL

A Garda Civil imputou en calidade de investigados na localidade de Ribadeo a un veciño de Fuenlabrada de 32 anos de idade e a un residente en Leganés de 30 anos como supostos autores dun delito de furto.

Segundo expuxo a Benemérita nun comunicado enviado á prensa, os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de setembro na localidade lucense de Ribadeo, cando os presuntos autores apropiáronse de diversos artigos de perfumería nun establecemento comercial por valor de 1.350 euros.

INVESTÍGASE SE ESTÁN IMPLICADOS NOUTROS FURTOS

O Instituto Armado expón que a investigación continúa aberta, non descartando que as persoas investigadas poidan estar implicadas noutros ilícitos cometidos co mesmo modus operandi en diversas cidades españolas.

As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here