Investigada unha veciña de Burela de 38 anos por agresión

Segundo a Garda Civil, os feitos aconteceron supostamente o pasado día 23 na vila burelá

Axente da Garda Civil. AXM

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña do municipio de Burela, na Mariña Lucense, de 38 anos de idade como suposta autora dun delito de lesións.

Segundo explicou o Instituto Armado este martes a través dun comunicado de prensa, os feitos que desencadearon a investigación tiveron lugar o pasado día 23 do actual mes na localidade de Burela, consistentes na agresión a unha terceira persoa por parte da persoa investigada.

POSTA A DISPOSICIÓN XUDICIAL

No mesmo texto enviado aos medios de comunicación, a Benemérita precisa ademais que a persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución nº 1 de Viveiro (Lugo).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here