(AMPLIACIÓN) Falece de forma repentina un neno de 13 anos no IES Monte Castelo de Burela

Fontes consultadas precisaron que a súa morte debeuse a unha parada cardiorespiratoria

IES Monte Castelo. GOOGLE MAPS

Un neno de 13 anos que acudía á clase de segundo da ESO ao IES Monte Castelo de Burela faleceu na mañá deste luns tras sentirse indisposto cando estaba no patio do centro.

Fontes consultadas precisaron que a súa morte debeuse a unha parada cardiorespiratoria.

O mozo dirixíase cara ao centro para asistir ás clases á primeira hora, xusto antes de entrar ás 8.30 horas. Alí, o rapaz desfaleceu de forma repentina no patio.

Ata o lugar mobilizouse unha ambulancia do 061, que tratou de reanimalo durante preto dunha hora. Posteriormente, o mozo foi trasladado en estado crítico ao Hospital Público da Mariña, moi próximo ao instituto, aínda que finalmente faleceu.

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 tamén tivo constancia da alerta sobre as 12.40 horas e deu aviso ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, para prestar atención con motivo do falecemento do menor, dado que tanto o profesorado como o alumnado estaban moi afectados.

Ese servizo de psicólogos do 112 asesorou este luns vía telefónica á dirección do centro, pero está previsto que este martes os seus profesionais se despracen ao IES Monte Castelo para traballar cos alumnos.

Segundo a dirección do centro contou a Efe, os pequenos están “moi afectados“, posto que o suceso “ocorreu no momento de entrar no centro e os demais alumnos vírono“, polo que “imos ver como van pasando estas primeiras horas” antes de “tomar decisións. Foi un pau moi gordo”, lamentou.

Aínda que se lles está a prestar atención a todos os rapaces, estase pendiente de xeito especial “dos seus compañeiros de clase” e dos alumnos máis próximos ao falecido.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here