O Xulgado de Menores acorda o internamento do suposto matricida de Foz

A Fiscalía solicitara a medida cautelar trala declaración do menor

Un axente da Garda Civil entra no domicilio onde vivían nai e fillo. EFE

EFE. O Xulgado de Menores de Lugo acordou, como medida cautelar, o “internamiento en réxime pechado” do menor que onte foi detido por presuntamente matar a súa propia nai, Minaene Franco, na localidade lucense de Foz.

Así o pedira a Fiscalía de Menores  logo da declaración do menor, no mediodía deste martes. O suposto matricida foi detido o pasado luns, ás poucas horas de que o cadáver da súa nai fose achado no piso que ambos compartían en Foz, e pasou a noite en dependencias da Garda Civil.

TRASLADARASE A UN CENTRO VIXIADO EN OURENSE OU A CORUÑA

Fontes da investigación informaron a EFE de que o suposto agresor será trasladado a un “centro de reforma” para menores, vixiado, en Ourense ou A Coruña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here