InicioSucesosFoz mostra en silencio a súa repulsa polo crime que custou a...

Foz mostra en silencio a súa repulsa polo crime que custou a vida de Minaene Franco

Decenas de persoas participaron nunha concentración ante o consistorio, antes de que o Pleno decretase tres días de loito oficial polo asasinato da veciña focega

Publicada o

- Advertisement -

Decenas de persoas concentráronse en silencio na tarde deste martes fronte ao consistorio de Foz, nunha protesta convocada polo Concello para mostrar repulsa polo crime que custou a vida de Minaene Franco, a muller de 37 anos supostamente matada a puñaladas polo seu fillo, de 17.

A concentración en silencio durou tres minutos, antes de que o alcalde de Foz, Fran Cajoto, lera unha declaración institucional consensuada polas catro forzas políticas da corporación –PSOE, PP, BNG e Foz Plataforma de Futuro-, coa que se condenou “todo tipo de violencia” e se mostrou o respaldo a amigos e familiares da vítima.

No posterior pleno, decretáronse tres días de loito oficial no municipio, desde as 00.00 horas do mércores 6 de novembro ata as 23.59 horas do venres 8.

Concentración no IES de Foz. AXM

Pola mañá, unha concentración no IES de Foz serviu para que os seus compañeiros do centro de estudos homenaxearan á vítima, e tamén para “reflexionar” sobre o sinsentido da violencia con cinco minutos de silencio aos que se sumaron representantes de todas as forzas políticas da corporación, así como numerosos veciños.

O RAPAZ SERÁ INTERNADO

O mozo, segundo aprobou o Xulgado de Menores a petición da Fiscalía, será trasladado a un internamento pechado, ben en Ourense ben na Coruña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...