InicioSucesos(AMPLIACIÓN) A caída dunha árbore corta a circulación do Feve entre Viveiro...

(AMPLIACIÓN) A caída dunha árbore corta a circulación do Feve entre Viveiro e Ortigueira

Ocorreu no Vicedo, á altura do cruzamento das Negradas; as tres persoas que viaxaban no convoi afectado resultaron ilesas

Publicada o

- Advertisement -

A caída dunha árbore no Vicedo por mor dos fortes ventos que están a azoutar Galicia neste xoves provocou o corte da liña Feve do tren entre Viveiro e Ortigueira desde as 16.30 horas deste xoves.

Un tronco caeu nas vías do tren á altura do cruce das Negradas e un tren que circulaba nese momento viuse afectado. As tres persoas que viaxaban no tren resultaron ilesas.

Segundo informaron fontes de Renfe, operarios traballan na zona para retirar a árbore e poder retomar a circulación. Todo iso nunha xornada de temporal en Galicia con fortes ventos e choivas, e con alerta vermella na costa.

Tamén segundo expoñen as fontes da operadora, o incidente cortou esta liña de ancho métrico que une Galicia con Asturias, o que afectou á circulación de dous convois, indica Renfe.

MÁIS DE 700 INCIDENCIAS

A incidencia foi unha das máis de 700 rexistradas en Galicia por mor do temporal, segundo informou o 112 Galicia. As tipoloxías que mais se repetiron foron a de caídas de árbores e polas nas estradas (399), as de prevención de risco (97), as de danos por meteoroloxía adversa (54) e por último 9 incidencias rexistradas por mor da neve.

O concello de Barreiros, con cinco incidencias, foi o da Mariña Lucense que rexistrou máis avisos polo temporal.

En Mondoñedo, unha árbore caída impedía que un autobús escolar con dous nenos a bordo chegase ao seu destino.

 

O temporal provocou numerosos desperfectos e perda de materiais, polo que o Concello de Foz viuse obrigado a pedir precaución nas saídas á rúa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...