InicioSucesosDez persoas declararán pola agresión de tres menores a un rapaz en...

Dez persoas declararán pola agresión de tres menores a un rapaz en Viveiro

A Policía Nacional reitera a petición de cautela despois de que varios colectivos considerasen que se trata dun ataque homófobo

Publicada o

- Advertisement -

Dez persoas declararán na investigación que está a levar a cabo a Policía Nacional de Viveiro para esclarecer o que aconteceu na madrugada do pasado domingo, cando un home novo foi agredido por tres menores á saída dun pub. Colectivos como Avante LGTB apoian ao denunciante e cualifican a agresión de homófoba, pero fontes policiais aseguran que por agora “non hai datos obxectivos” que permitan concluír que os presuntos agresores cometeron un delito de incitación ao odio e piden cautela ata que finalice a investigación.

A Policía Nacional continúa a recabar información sobre o ocorrido. O pasado domingo prestaron declaración a suposta vítima e unha testemuña presencial, e o luns foi a quenda dos tres presuntos agresores. Ademais, o corpo policial obtivo outras cinco testemuñas, tres das cales declararon por escrito e outras dúas por vía telefónica.

Coa información obtida e logo dunha valoración por parte do equipo de investigación, os axentes remitirán o correspondente atestado á Fiscalía de menores para que valore se as probas son suficientes ou a investigación debe continuar.

Fontes da Policía Local insisten na petición de cautela ante a difusión de versións, a través das redes sociais, “que poden non estar moi contrastadas“.

A CONCENTRACIÓN, APRAZADA ATA FINALIZAR AS PESCUDAS

A concentración convocada para o vindeiro martes en Viveiro queda aprazada ata que finalice a investigación e o fiscal de menores faga a valoración correspondente. Segundo recolleu La Voz de Galicia, a Asociación Casco Histórico de Viveiro lamentou o suceso e mostrou o seu apoio á suposta vítima, remarcando “o incremento de condutas incívicas e a presenza de menores arredor de determinados locais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...