O corpo de Minaene Franco, presuntamente asasinada polo seu fillo, chega este mércores a Brasil

Amigos e coñecidos da vítima, que residía en Foz co seu suposto asasino, recadaron fondos para levar os seus restos ao seu país natal

Concentración no IES de Foz tralo asasinato de Minaene Franco. AXM

EFE. Os restos mortais de Minaene Franco, a muller de 36 anos e orixe brasileira que foi asasinada presuntamente polo seu fillo en Foz a principios de novembro, chegarán este mércores ao seu país de orixe, segundo informaron a Efe fontes da funeraria que se fixo cargo dos trámites por petición da súa familia.

Para poder repatriar o cadáver, amigos e coñecidos de Minaene Franco recadaron fondos nas últimas semanas a través dunha conta bancaria solidaria.

Esta semana chegaron desde Brasil dúas irmás da vítima á localidade lucense de Foz, onde Minaene residía co seu fillo de 17 anos, que está internado nun centro por orde do Xulgado a instancias da Fiscalía de Menores.

O PRESUNTO AUTOR, INTERNADO NUN CENTRO

Foron elas, segundo as mesmas fontes, as que se ocuparon de realizar os trámites para a repatriación do cadáver, que onte saíu de Madrid -aínda que fixo escala en Lisboa– con destino a Brasil.

Desde a funeraria indicaron que, segundo o previsto, os seus restos mortais chegarán hoxe sobre as 16.00 horas -hora local- a Brasilia, procedentes da capital portuguesa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here