InicioSucesosMorre un ancián salmantino na praia de Covas

Morre un ancián salmantino na praia de Covas

O home atopouse mal mentres se bañaba na zona do areal coñecida como Os Castelos

Publicada o

- Advertisement -

Un ancián de 83 anos, residente en Salamanca, faleceu este xoves na praia de Covas, no municipio de Viveiro.

O home, que se bañaba preto da zona do areal coñecida como Os Castelos -onde están as rochas e o monumento adicado á fragata Santa María Magdalena-, atopouse mal mentres saía do mar e foi auxiliado polas persoas que había na auga. O 112 recibiu aviso ás 13.30 horas do suceso e mobilizou ao 061, a Protección Civil de Viveiro, á Policía Local e á Policía Nacional

Os servizos de emerxencias tentaron en van reanimar ao home, que supostamente faleceu por un infarto

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...