InicioSucesosA Policía intensificará a búsqueda no porto deportivo para atopar pistas sobre...

A Policía intensificará a búsqueda no porto deportivo para atopar pistas sobre Alejandro Meitín

O modelo de coche do desaparecido non permite comprobar a data da avería por medio da electrónica; os axentes cren que o ocupante estaba dentro no momento no que caeu á auga

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional intensificará a búsqueda de pistas sobre o paradoiro de Alejandro Meitín San Isidro no peirao deportivo de Viveiro, onde o pasado venres apareceu o coche deste home de 34 anos, desaparecido na cidade viveirense desde a noite do 14 de decembro, cando acudiu a unha cea con compañeiros de traballo.

A investigación sufriu unha complicación dado que finalmente non se poderá comprobar a partir do estudo da electrónica do vehículo cando caeu á auga. Os axentes constataron coa marca que o modelo do turismo que conducía Álex, un Ford Fiesta matrícula 0480 FVJ, non rexistra as datas da avería, polo que se esvaece unha posibilidade de concretar o momento no que se afundiu.

A Policía Nacional barallaba a hipótese de que o coche caese noutra zona e fose arrastrado polas correntes cara o peirao deportivo, pero agora manterá por agora como alternativa preferente que o mergullo se producise no propio peirao.

Así, intensificará coa Garda Civil a procura de pistas nesta zona. “Todo indica que cando o vehículo caeu á auga o ocupante estaba dentro del“, sinalan fontes policiais. “Probablemente estaba acendido, co freo de mau posto; hai un golpe contra o parabrisas e  as fiestras abertas, principalmente a do condutor. Hai varias cousas que nos fan pensar isto, por iso pode que atopemos algo”, conclúen.

Publicación de búsqueda de Alejandro. FACEBOOK

Alejandro Meitín San Isidro falta desde o pasado 14 de decembro. Ten 34 anos, mide 1,83 metros e leva pendentes nas dúas orellas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...