Dúas persoas feridas de gravidade tras unha colisión frontal en Riotorto

Foron evacuadas de urxencia ao HULA tralo sinistro, que se produciu na N-640, á altura da Órrea

N-640. GOOGLE MAPS

Dúas persoas, feridas de gravidade, foron evacuadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) despois dunha colisión frontal entre dous vehículos no municipio de Riotorto.

En concreto, o accidente produciuse sobre as 14.17 horas na N-640, á altura do punto quilométrico 48, na Órrea. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso de que unha persoa estaba atrapada no interior dos vehículos que colidiron.

Daquela, mobilizouse aos Bombeiros de Barreiros, que confirmaron o excarceramento de dúas persoas, a persoal de Urxencias Sanitarias, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. Tamén se reclamou a axuda do helicóptero medicalizado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here