InicioSucesosPiden tres anos de cárcere por abusar dunha menor con discapacidade intelectual

Piden tres anos de cárcere por abusar dunha menor con discapacidade intelectual

Segundo a Fiscalía, o acusado prevaleuse da situación de vulnerabilidade da vítima, de 17 anos daquela, para realizar tocamentos con ánimo lascivo

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía de Mondoñedo pide tres anos de cárcere e a inhabilitación absoluta polo mesmo período de tempo, ademais da prohibición da achegarse á vítima a menos de 200 metros durante catro anualidades, para un home que supostamente abusou sexualmente dunha menor cunha discapacidade intelectual leve.

Segundo o escrito de acusación, o acusado, que carece de antecedentes penais, “guiado polos seus máis baixos e denostados instintos”, cando se atopaba nunha localidade por concretar do Partido Xudicial de Viveiro, conseguiu que a moza, de 17 anos e cun “atraso madurativo que lle limita a súa capacidade para autodeterminarse nas relacións sexuais”, subise con el aos cuartos traseiros do edificio, “prevaléndose da súa situación de vulnerabilidade”.

“Unha vez alí comezou a tocala con ánimo lascivo e aproximar a súa cara aos beizos da menor coa intención de bicala á vez que a agarraba coas mans pola cintura para impedir que escapase, momento no que a menor puido berrar para pedir auxilio e escapar do seu agresor“, prosegue a Fiscalía.

Ademais, o fiscal pide liberade vixiada do mesmo ao finalizar a súa condena, a expulsión do Estado español non podendo regresar a España nun prazo de cinco a dez anos, e unha indemnización de 8.000 euros polos danos morais causados á menor.

TRÁFICO DE DROGAS

A Fiscalía pide tres anos e seis meses de prisión para C. R. T., maior de idade e sen antecedentes penais, por un delito de tráfico ilícito de substancias estupefacientes.

Segundo o escrito de acusación, o acusado atopábase sobre as 1.40 horas do 26 de xaneiro do 2017 no bar D. R. S., do Partido Xudicial de Mondoñedo, onde vendeu polo menos unha dose de cocaína a I. F. S., cliente do local, e intentou desprenderse dunha carteira con sete pequenos envoltorios ao entrar axentes da Garda Civil.

“Ao acusado fóronlle intervidas as seguintes sustancias: 1,137 gramos de cocaína, cunha pureza do 81,9%, 1,94 gramos de cocaína, cunha riqueza do 82,06%, e 10,253 gramos de haxix (resina de cannabis), as cales o acusado proxectaba destinar á ilícita distribución a terceiros, sustancias que alcanzasen no mercado ilícito un prezo total de 404,99 euros”.

Ademais, xa vendera 0,357 gramos de cocaína, cunha pureza do 81,7%, que lle foi transmitida polo acusado, cun valor no mercado ilícito de 39,44 euros.

O Fiscal pide igual tempo de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo e multa de 1.333,29 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...