InicioSucesosRescatan un mozo que se tirou ao mar no porto de Celeiro

Rescatan un mozo que se tirou ao mar no porto de Celeiro

Policía Nacional e 061 socorreron ao rapaz, que avisara das súas intencións na madrugada do xoves

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional e mailo 061 rescataron na madrugada do xoves a un mozo que se tirou ao mar no porto de Celeiro.

Foi o propio afectado quen avisou cunha chamada telefónica aos corpos e forzas de seguridade arredor das 3.00 horas da madrugada, para indicar que se ía tirar á auga, nun espazo próximo á nave de redes do porto celeirense.

O coche de radiopatrulla e a ambulancia asistencial do 061 atopárono na auga. O rescate foi problemático, pois o mozo é corpulento e non colaboraba. Finalmente, coa axuda dunha escada e unha corda, conseguiron sacalo do mar.

O rapaz, que está a tratamento psiquiátrico, foi evacuado ao Hospital da Mariña.

Fontes da Policía Nacional precisaron que non hai novidades sobre Alejandro Meitín San Isidro, o home de 34 anos que falta en Viveiro desde o pasado 15 de decembro. O seu coche foi reflotado do peirao deportivo viveirense, pero non apareceu o seu corpo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...