InicioSucesosUn construtor da Mariña afronta dous anos por quedarse co diñeiro dunha...

Un construtor da Mariña afronta dous anos por quedarse co diñeiro dunha reforma que non fixo

Segundo a Fiscalía, o acusado "urdiu unha trama" e acordou a rehabilitación dunha vivenda sen intención de realizala e co único afán de "apropiarse" dos cartos do dono

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un construtor da Mariña Lucense enfróntase a unha petición de pena por parte do fiscal de dous anos de cárcere, dado que o ministerio público acúsao dun delito de estafa por quedarse co diñeiro que lle entregou un propietario para a rehabilitación da súa vivenda, malia que nunca chegou a realizar as obras contratadas.

O ministerio fiscal precisa que o procesado, que este martes sentou no banquiño dos acusados da Audiencia Provincial, “urdiu unha trama” e finxiu “unha situación de solvencia absolutamente afastada da realidade” para formalizar co propietario, o 18 de xuño de 2014, un contrato de “reforma integral da súa vivenda”.

Para dar “veracidade ao seu engano” e gañarse “a confianza do propietario”, executou as obras da “primeira partida contratada” por un importe de 11.879 euros.

Posteriormente, solicitoulle ao dono o pago da seguinte partida do orzamento, polo mesmo importe, para executar a segunda parte das obras e o propietario, “actuando coa confianza de que a acometería, como na vez anterior”, fixo o correspondente ingreso.

Con todo, non chegou a executar os traballos contratados, segundo o fiscal porque “en ningún momento o acusado” tivo “intención de levar a cabo” a “reforma contratada”, dado que só buscaban apropiarse “da cantidade recibida no seu beneficio”.

O fiscal considera que os feitos son constitutivos dun delito de estafa e pide para o acusado dous anos de cárcere, así como o abono dos 11.879 euros cobrados ao propietario por obras que non chegou a realizar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...