InicioSucesosEvacuado en ambulancia medicalizada ao hospital tras ser atropelado en Foz

Evacuado en ambulancia medicalizada ao hospital tras ser atropelado en Foz

O suceso produciuse a primeira hora da mañá na Travesía da vila, preto do instituto

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un rapaz de 22 anos resultou ferido de gravidade esta mañá tras ser atropelado na localidade lucense de Foz e foi evacuado de urxencia nunha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Público da Mariña.

Segundo informou a EFE o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) de Galicia, foi o propio 061 o que avisou do accidente a través do 112 ás 09.03 horas. O atropelo produciuse na travesía de Foz, moi preto do instituto da localidade. O 112 mobilizou para auxiliar á vítima, de iniciais A. E. K., á Policía Local, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, aos Bombeiros de Barreiros e Protección Civil.

Tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, o home foi evacuado ao Hospital Público da Mariña na Unidade de Vixilancia Intensiva (UVI) móbil da bisbarra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...