InicioSucesosInvestigado un propietario de 73 anos por coaccionar a un inquilino de...

Investigado un propietario de 73 anos por coaccionar a un inquilino de Ribadeo que non pagaba

Unha veciña do Valadouro é tamén investigada por non aboar a gasolina nunha estación de servizo de Foz

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga na localidade de Ribadeo a un veciño de Lugo, de 73 anos de idade como suposto autor dun delito de coaccións a un inquilino que non pagaba.

O presunto autor supostamente pechou cun candado a porta dunha nave industrial propiedade súa, que ten arrendar a un terceiro, coa suposta finalidade de que o inquilino lle aboase unha débeda que ten contraída con el.

Devandito candado foi presuntamente colocado no mes de xuño do pasado ano. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ESTAFA

Por outra banda, o Instituto Armado informou a través dun comunicado de prensa de que investiga na localidade de Foz a unha veciña do Valadouro, de 56 anos de idade como suposta autora dun delito de estafa.

Os feitos tiveron lugar o pasado día 24 de febreiro, cando a presunta autora encheu de gasolina o tanque dun vehículo nunha estación de servizo da localidade de Foz e non aboou o carburante. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...