InicioSucesosCinco detidos por roubos en negocios de Ribadeo, ata seis nunha mesma...

Cinco detidos por roubos en negocios de Ribadeo, ata seis nunha mesma perfumería

As persoas arrestadas son veciños dos municipios de Fene, Ferrol, Ares e Lugo

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a cinco persoas na provincia da Coruña -nas localidades de Fene, Ferrol e Ares– e unha en Lugo como supostos autores de varios roubos en establecementos comerciais da vila de Ribadeo.

Segundo informa o Instituto Armado a través dun comunicado, nun dos locais -unha perfumería– chegaron a roubar ata en seis ocasións, furtando bens por valor superior a 3.000 euros. Nun supermercado e nunha tenda de xardinería levaron efectos por case 2.000 euros.

MODUS OPERANDI

As persoas detidas quitaban ou invalidaban presuntamente as alarmas dos produtos furtados, ao escondelas debaixo de prendas de roupa. Noutros casos, acudían dous e un aproveitaba para apropiarse dos bens mentres o outro entretiña ao persoal do establecemento. En ocasións, mesmo repetían estas accións no mesmo día.

Os presuntos autores, que amosan o mesmo perfil e teñen numerosos antecedentes policiais por furtos, intercambiando na maioría dos casos os obxectos por sustancias estupefacientes, foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...