InicioSucesos(VÍDEO) Tensión pola corentena en Covas, onde os gardas reduciron a un...

(VÍDEO) Tensión pola corentena en Covas, onde os gardas reduciron a un viandante

Un veciño foi interceptado no paseo marítimo de Covas polos axentes

Publicada o

- Advertisement -

A corentena por mor do estado de alarma decretado para conter a expansión do coronavirus pasa factura e, malia que as rúas das vilas da Mariña Lucense están maioritariamente desertas, en ocasións vívense momentos de tensión.

Este sábado, dous axentes da Garda Civil víronse obrigados a reducir a un viandante que paseaba polo paseo marítimo de Covas, no municipio de Viveiro, supostamente sen motivo xustificado. Veciños da localidade aseguran que se trata dunha persoa que padece unha enfermidade mental e que podía estar desorientado.

As autoridades sanitarias advirten de que a mellor maneira de previr contaxios é quedar nos domicilios, tendo en conta que os medios sanitarios humanos e materiais son limitados e o crecemento dos casos positivos, dado que por agora non hai vacina para a pandemia, pode ser expoñencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...