Detido un mozo de 24 anos de Viveiro tras unha denuncia por violencia de xénero

O rapaz quedou posto en liberdade coa prohibición de achegarse a cen metros da súa ex parella

Porta de Carlos V. CONCELLO DE VIVEIRO

A Policía Nacional detivo este sábado a un mozo de Viveiro de 24 anos despois de que a súa parella, de 20 anos e de Lugo, o denunciara por violencia de xénero.

Tras pasar a disposición xudicial, o mozo quedou en liberdade. O xulgado decretou que non pode achegarse a cen metros da súa ex parella.

ROUBO

Por outra banda, uns ladróns levaron 30 quilos de plátano dunha coñecida froitería de Viveiro. Segundo informou a Policía, os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado tras forzar o almacén onde se atopaba, que non tiña alarma.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here