Unha muller dá a luz no seu coche en plena autovía AG-64

O suceso ocorreu á altura do municipio chairego de Xermade, o pasado xoves, e tanto a nai como o bebé están ben

Imaxe da Garda Civil, coa aambulancia, o coche da parella e o do Instituto Armado. AXM

A Garda Civil auxiliou unha muller que estaba dando a luz en plena autovía AG-64 ao seu paso por Xermade. O pasado día 2 de abril, á tardiña, un vehículo parado na beira da vía chamou a atención dos axentes, que axiña comprobaron o estado de nerviosismo da parella da muller, que os alertou do que estaba a ocorrer.

Os axentes ocupáronse de asistir a nai, xa co seu bebé en brazos, mentres non chegou a ambulancia do servizo de urxencias. No vehículo viaxaba tamén outro fillo da parella. Unha vez chegado alí o persoal sanitario, a Garda Civil escoltou a comitiva ata a saída situada no quilómetro 36, para garantir a seguridade dos intervintes e do resto de usuarios da vía, ao tempo que agardaban por unha ambulancia de soporte vital básico.Le a información completa no link, a continuación, do Lugo Xornal.

Unha muller dá a luz no interior do seu coche en plena autovía en Xermade

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here