InicioSucesosInterceptan a un barco en Burela 6,14 toneladas de cabala non declarada

Interceptan a un barco en Burela 6,14 toneladas de cabala non declarada

O pesqueiro gardaba 1.666 quilos de xarda en palés con etiquetaxe de descarga do día anterior e outros 4.472 nunha segunda bodega de carga non reflectida nos planos do buque

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detectou na localidade lucense de Burela, no interior dun barco pesqueiro, un total de 6.138 kilogramos de cabala ou xarda non declarada. Así o informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.

A nota remarca que axentes do Seprona, durante a crise sanitaria do coronavirus, tiveron constancia de que poderían producirse infradeclaracións na pesca da xarda. No marco desta investigación observaron a entrada no porto dun barco pesqueiro, polo que decidiron inspeccionalo para comprobar se as especies capturadas que transportaba se correspondían coa “notificación previa de desembarque“.

INVESTÍGANSE FRAUDES APROVEITANDO O CORONAVIRUS

Deste xeito, expón a Garda Civil, observouse “como o buque pesqueiro descargara varios palés con numerosas caixas contendo cabala”. Daquela, os axentes “accederon á cuberta do barco e á lonxa para constatar se se tiñan pesado os palés, localizando dous deles cun total de 1.666 quilogramos de xarda supostamente descargados desde a bodega do barco, pero cunha etiqueta con data de descarga do día anterior“.

Tras “realizar xestións con persoal da lonxa”, a Benemérita comprobou que “os 1.666 quilogramos de cabala foron pesados no mesmo día da inspección“.

Patrullas do Seprona, apoiadas por efectivos do Servizo Marítimo Provincial do Corpo, controlaron a descarga da pesca contida na bodega do buque e comprobaron se se correspondía cos 9.090 quilos reflectidos na “notificación previa de desembarque”, descargándose un total de 8.095 quilos, cantidade que se atopa dentro da porcentaxe permitida pola normativa vixente.

Xarda almacenada nunha segunda bodega do barco. AXM

O BARCO, ESCORADO POLA CARGA OCULTA

Unha vez finalizada a descarga do peixe e mentres se verificaba a documentación do buque polos efectivos do Servizo Marítimo, os axentes decatáronse de como o barco se atopaba lixeiramente escorado cara a un dos seus lados, polo que decidiron inspeccionar a bodega e cuberta. Daquela, segundo expón a nota, observaron na zona de estribor a presenza dunha caixa de plástico de grandes dimensións con redes no seu interior ancorada sobre unha estrutura metálica, o que lles resultou sospeitoso.

Tras mover a caixa de redes localizaron unha trapela sobre a cal encaixaba perfectamente, que accedía a unha segunda bodega de carga ocultada na cuberta inferior non reflectida nos planos do barco. No interior deste espazo atopáronse 273 caixas de cabala non declaradas. O peso resultante en lonxa foi de 4.472 quilogramos, a engadir aos 1.666 dos palés. A raíz destes feitos formulouse unha denuncia á lei de pesca dirixida á dirección territorial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...