InicioSucesosEvacuado ao Hospital da Mariña tras chocar co coche contra a súa...

Evacuado ao Hospital da Mariña tras chocar co coche contra a súa casa no Vicedo

O ferido, de 19 anos e natural do lugar de Serantes, viuse afectado polos cristais que lle caeron enriba tralo accidente

Publicada o

- Advertisement -

Un home foi trasladado ao Hospital da Mariña despois de chocar o vehículo que conducía contra a súa propia casa no lugar de Serantes, no concello lucense do Vicedo.

Segundo relatou o 112, un familiar que se atopaba no interior da vivenda foi trasladado ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Viveiro tras ser alcanzado por algúns cristais que lle caeron enriba despois do accidente.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 22.45 horas do domingo tras recibir a chamada de alerta dunha persoa particular que solicitaba axuda para o condutor do turismo. De acordo co seu relato, o home atopábase liberado e accesible, pero necesitaba asistencia sanitaria.

Por iso, por parte do 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia e tamén se informou aos Bombeiros de Viveiro, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario da PAC de Viveiro para atender ao home, L. M. G. H., de 19 anos, que foi evacuado ao Hospital da Mariña, confirmaron fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...