InicioSucesosAchan o cadáver dun home de 89 anos flotando preto do peirao...

Achan o cadáver dun home de 89 anos flotando preto do peirao de Portocelo

Dous mariñeiros localizaron o corpo do falecido, natural do municipio de Xove pero residente en Burela

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Dous mariñeiros localizaron a última hora do día do pasado luns o corpo sen vida dun home de 89 anos de idade, flotando xunto a unhas boias, cerca do peirao e da praia de Portocelo, no municipio mariñao de Xove.

As persoas que o atoparon avisaron aos servizos de urxencias e ás forzas de seguridade que, unha vez rescatado o cadáver da auga, procederon á súa identificación.

O corpo sen vida é o dun home natural da localidade, pero que residía en Burela, cuxo coche foi atopado por axentes da Policía Local e da Garda Civil no lugar de Punta Meirixe. O caso está baixo investigación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...