InicioSucesosA Policía Nacional alerta a Interpol desde Viveiro dunha agresión machista no...

A Policía Nacional alerta a Interpol desde Viveiro dunha agresión machista no Reino Unido

A irmá da vítima denunciou na Comisaría viveirense, ofrecendo mensaxes e fotos da vítima

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional alertou a Interpol desde Viveiro dunha agresión machista na poboación de Moorends, en Reino Unido.

Os feitos foron comunicados o pasado día 21 de maio, a través da Oficina Nacional de Interpol, á Policía Británica. A irmá da vítima denunciou na Comisaría de Viveiro, ofrecendo diversas mensaxes e fotos que lle enviara a través das redes sociais.

A vítima presentaba lesións compatibles con violencia de xénero por parte da súa parella, á vez que indicaban risco para a súa vida e integridade física, porque aos intentos da denunciante de poñerse en contacto coa súa irmá, esta non lle respondía.

Ademais, na noite do 20 ao 21 de maio, a denunciante notara á súa irmá triste e puido escoitar como lle berraba a súa parella. Como consecuencia desta alerta da Policía Nacional, Interpol informou á Comisaría de Viveiro de que o autor dos feitos fora detido pola Policía británica en Moorends. Destes feitos deuse conta a Autoridade Xudicial viveirense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...