InicioSucesosUn camioneiro trabadense falece aplastado por unha carretilla en Castropol

Un camioneiro trabadense falece aplastado por unha carretilla en Castropol

A vítima, de 52 anos, atopábase nunha empresa de produtos e servizos agrarios ubicada no polígono de Barres

Publicada o

- Advertisement -

Un camioneiro de 52 anos faleceu este venres ao ser aplastado por unha carretilla cando se atopaba nunha empresa de produtos e servizos agrarios ubicada no polígono de Barres, en Castropol. Segundo informou La Voz de Galiciatrátase dun home residente no municipio de Trabada.

Segundo os datos facilitados polo Servicio de Atención Médica Urgente (Samu), malia que os sanitarios desprazados ao lugar -o equipo de atención primaria de Vegadeo con ambulancia de soporte vital básico e equipo médico da UVI móbil de Jarrio, estiveron practicándolle manobras de reanimación cardiopulmonar avanzada durante unha hora, finalmente só poideron confirmar o seu falecemento.

O Centro de Coordinación de Emerxencias do 112 Asturias recibiu aviso ás 6.59 horas. Na chamada sinalaban que o traballador resultara ferido tras pasarlle un vehículo por riba. Non estaba atrapado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...