Surfeiros auxilian a catro menores con problemas na praia de Fontela Valea, en Barreiros

Dous dos resctadados foron trasladados ao Hospital Público da Mariña

Praia de Fontela Valea. PLAYEA.ES

Catro menores que tiñan dificultades para saír da auga foron rescatados por surfeiros na praia de Fontela, en Barreiros (Lugo), e dous deles foron trasladados ao Hospital Público da Mariña.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, uns surfeiros axudaron ao grupo de mozos, que se atopaba preto dunha zona rochosa. Varias chamadas de particulares alertaron cara ás 18.00 horas do suceso ao ver aos menores en atrancos.

Activouse un operativo que mobilizou a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade. Dous dos mozos foron levados ao centro médico por precaución.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here