InicioSucesosVándalos baleiran papeleiras e colectores do casco de Viveiro, deixando no chan...

Vándalos baleiran papeleiras e colectores do casco de Viveiro, deixando no chan máscaras e luvas

O núcleo amenceu "nun estado lamentable", denuncia o Concello, que advirte de posibles sancións por uns actos "que supoñen un risco no actual contexto sanitario"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fixo este martes a través dun comunicado de prensa un chamamento público á “responsabilidade e o civismo” para “evitar que se repitan os actos vandálicos desta pasada noite”, que “supoñen ademais no actual contexto un risco sanitario, ao atopar no chan numerosas máscaras e luvas“.

“Viveiro amenceu nun estado lamentable“, denuncia o goberno municipal, “como consecuencia dun acto vandálico polo cal se baleiraron papeleiras e colectores de todo o casco urbano, polo que dende o Concello de Viveiro apelamos á responsabilidade e o civismo cidadán para evitar este tipo de sucesos, respectando o medio ambiente, o traballo dos servizos de limpeza e á veciñanza en xeral”.

Outra imaxe dos desperfectos causados. AXM

ADVIRTE DE POSIBLES SANCIÓNS

Dende o Concello viveirense considérase “inconcebible” esta actitude, tendo en conta ademais que o comportamento do conxunto da veciñanza foi “exemplar durante o estado de alarma”. O executivo local advirte de que está tomando “as medidas pertinentes” para aplicar “as posibles sancións” e alerta de que “os potenciais vandalismos serán castigados con multas“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...