InicioSucesosParan en Barreiros un condutor que deu 0,73 mg/l no control de...

Paran en Barreiros un condutor que deu 0,73 mg/l no control de alcolemia

Un varón de 35 anos foi interceptado na LU-P-0610 ao presentar síntomas evidentes de estar baixo a influencia de bebidas alcólicas

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil identificou ao longo dos últimos tres días a tres condutores con taxas de alcol penalmente sancionables. Un deles foi interceptado en Barreiros, o outro en Samos e no terceiro caso trátase dun motorista.

Unha patrulla que se atopaba realizando un servizo de Seguridade Cidadá no quilómetro 6,700, da LU-P-0610, no termo municipal de Barreiros, observaron a presunta infracción dun turismo cuxo condutor, un varón de 35 anos, presentaban síntomas evidentes de estar baixo a influencia de bebidas alcólicas. Foi sometido ás preceptivas probas para determinar o grado de impregnación, arroxando unha taxa de 0,73 miligramos/litro (mg/l).

O segundo condutor investigado, un varón de 24 anos, veuse implicado nunha saída de vía sen feridos no quilómetro 29,500 da estrada LU-633 (Pedrafita do CebreiroPalas de Rei), termo municipal de Samos. Ao estar implicado nun accidente de tráfico sometéuselle ao test, arroxando unha taxa de 0,65 mg/l.

O terceiro condutor investigado foi interceptado no marco dos controis a motocicletas que se están levando a cabo para baixar a siniestralidade das mesmas. Ao observar que o condutor, un varón de 56 anos, circulaba irregularmente polo carril esquerdo en sentido contrario, foi sometido á proba, que deixou un taxa de 0,77 mg/l.

A Garda Civil recorda que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de bebidas alcólicas, e en todo caso cando se conducir cunha taxa de alcol en aire espirado superior a 0,60 miligramos por litro ou en sangue superior a 1,2 gramos por litro, constitúe un ilícito penal que pode carrexar penas de prisión de ata seis meses de duración.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...