Sucédense as denuncias trala publicación en webs porno de vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina

Bumei persoarase como acusación popular ao entender que se "vulneran os dereitos" de decenas de rapazas, "algunhas delas menores"

Os sancibrenses levan a Maruxaina ao xuízo nunha edición da festa. TURISMO DE GALICIA

Varias mulleres da Mariña Lucense presentaron denuncias -alomenos tres ante a Policía Nacional de Viveiro e máis ante a Garda Civil de Burela– pola publicación en internet de vídeos capturados ilegalmente durante a celebración da Maruxaina, en San Cibrao. Nas gravacións, que se colgaron en páxinas web pornográficas das que xa foron retiradas, aparecían rapazas ouriñando nunha rúa da localidade, recoñecibles pola vestimenta habitual utilizada na festa.

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei) anunciou que se persoará como acusación popular neste caso, para o que presentará a correspondente denuncia. A agrupación entende que, segundo explicou a través de varios medios de comunicación, se trata dunha “vulneración de dereitos” de “moitas rapazas, algunhas delas menores de idade”.

VARIAS CÁMARAS FIXAS E PEZAS DE LONGA DURACIÓN

A Garda Civil, que é a encargada da investigación, non concreta polo de agora cantas denuncias recibiu por este motivo nin máis detalles sobre as pescudas que están en marcha. Por agora, todo parece indicar que se trata de gravacións planificadas, dada a ubicación de varias cámaras fixas, desde distintos ángulos, que permitiron captar as facianas das vítimas, e tamén a duración dos vídeos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here