Loito oficial en Cervo pola traballadora falecida ao precipitarse o seu coche por un cantil en Asturias

Suspenderanse actos e actividades ata o vindeiro xoves e as bandeiras ondearán a media asta, para homenaxear a unha obreira "moi querida" pola veciñanza

Consistorio de Cervo. AXM

O Concello de Cervo decretou dous días de loito oficial no municipio, entre as 21.00 horas e as 24.00 horas do vindeiro mércores, pola morte de Montserrat Méndez González, a veciña falecida ao precipitarse o seu coche por un cantil en Tapia de Casariego. As bandeiras permanecerán a media asta e, a local, con crespón negro.

Tamén se suspenderán todos os actos públicos oficiais organizados polo Concello de Cervo, a través de calquera das súas delegacións, servizos ou departamentos.

A falecida, de 52 anos, era unha persoa “estreitamente vinculada ao noso Concello, no que desempeñou o seu traballo profesional con gran eficacia, e era persoa moi querida e coñecida por todos os veciños”. Durante décadas traballou no Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

O Concello transmite “formal e persoalmente” a través do decreto “as condolencias a familiares e amigos”, así como participará nos actos do funeral. Haberá unha coroa floral en recoñecemento “ao gran pesar” da veciñanza “por tan tráxico suceso”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here