InicioSucesosOito mulleres denunciaron ante a Policía Nacional de Viveiro os vídeos con...

Oito mulleres denunciaron ante a Policía Nacional de Viveiro os vídeos con cámara oculta da Maruxaina

As denuncias foron enviadas ao Xulgado xunto con gravacións e fotografías en soporte dixital que as propias rapazas obtiveron das páxinas

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional de Viveiro confirmou que oito mulleres presentaron denuncia contra os vídeos de cámara oculta gravados durante a Maruxaina, nos que ducias de mozas foron capturadas mentres ouriñaban na rúa e que foron subidos a webs pornográficas.

Estas denuncias súmanse ás presentadas en Burela ante a Garda Civil, que é a encargada da investigación. Polo de agora non trascendeu o número de denuncias presentadas ante a oficina do Instituto Armado. Estímase que as afectadas polos vídeos poderían rondar as 80.

Por agora a investigación céntrase na hipótese dunha gravación planificada e premeditada, xa que foron colocadas varias cámaras capaces de filmar distintos ángulos e mesmo identificar ás vítimas, resultando vídeos cunha metraxe de longa duración.

As denuncias foron enviadas ao Xulgado xuntos cos vídeos e fotografías en soporte dixital que as propias rapazas obtiveron, xa que as gravacións ilegais foron retiradas das páxinas. Segundo confirmou o propio corpo policial, non consta ningunha denuncia por rapazas afectadas menores de idade, unha posibilidade da que advertían algunhas asociacións.

Tanto o Concello de Cervo como a Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei) persoaranse como acusación particular e popular, mentres que os feitos foron rexeitados por colectivos como o Observatorio da Mariña pola Igualdade ou institucións como a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...