Rescatan a un home duns 60 anos tras caer no espigón da lonxa nova de Celeiro

O varón estaba a pescar de madrugada e precipitouse a unha zona rochosa de difícil acceso, o que obrigou a intervir aos bombeiros

Porto de Celeiro. AXM

Un home duns 60 anos foi rescatado na madrugada do venres tras caer mentres pescaba no espigón da lonxa nova de Celeiro, en Viveiro, nunha zona rochosa de difícil acceso.

O suceso produciuse ás 2.00 horas. As dificultades para acceder ao ferido e a súa corpulencia obrigaron a intervir aos bombeiros de Viveiro e a membros do servizo local de emerxencias.

UNHA PERNA ROTA

O 112 Galicia alertou tamén á Policía Nacional. Finalmente, o pescador puido ser atendido e evacuado por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias. O sesaxenario rompeu unha perna como resultado da caída.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here