Falece unha bañista de 53 anos na praia de Covas

Tras sacala da auga, socorristas e servizos de emerxencias tentaron reanimala durante unha hora sen que poidesen salvarlle a vida

Zona dos Castelos, na praia de Covas. TURISMO VIVEIRO

Unha muller residente en Covas, de 53 anos de idade, faleceu este mércores na praia desta localidade, no municipio de Viveiro.

Tanto os socorristas como efectivos de emerxencias foron mobilizados para asistir a esta persoa, que sufriu unha indisposición mentres estaba na auga. Aínda que tras sacala do mar procederon a practicar manobras de reanimación na beira da praia durante alomenos unha hora, finalmente non foi posible salvarlle a vida.

Segundo os datos facilitados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, ás 16.30 horas varias persoas chamaron ao servizo de emerxencias para alertar da indisposición sufrida pola falecida no areal. Por iso, foi mobilizado persoal sanitario do 061, así como da Policía Nacional e da Policía Local.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here