InicioSucesosUnha ferida tras quedar atrapada no coche ao saírse da vía e...

Unha ferida tras quedar atrapada no coche ao saírse da vía e envorcar en Mondoñedo

Os Bombeiros de Barreiros excarceraron á muller, que foi evacuada ao Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida tras saírse o vehículo no que viaxaba da vía e quedar atrapada ao envorcar na LU-160, en Mondoñedo (Lugo).

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o suceso ocorreu minutos antes das 10.00 horas ao paso pola parroquia da Coubeira, tal e como explicado o particular que avisou do ocorrido.

Tras recibir a alerta, activouse un operativo no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Barreiros, encargados de liberar á ocupante do vehículo, que envorcou sobre o seu teito no extremo da calzada.

Deste xeito, facilitouse a asistencia médica e o trasladado ao Hospital Público da Mariña da ferida.

Ademais, a consecuencia do impacto, perdeuse parte da carga almacenada no maleteiro e que a persoa que alertou confundiu con combustible.

O 112 tamén detallou que o operativo contou coa colaboración dos axentes da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...